A Xunta adxudica por 310.000 euros a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Noia

17 Marzo 2025

A Xunta vén de adxudicar por un importe de 310.365 euros a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do novo centro de saúde de Noia. O Executivo galego ten previsto construír unha infraestrutura sanitaria que “superará os 3.300 metros cadrados cun investimento previsto de arredor 10 millóns de euros, entre obra e equipamento”, explicaron fontes do Goberno autonómico, engadindo que o novo inmóbel disporá dunha área asistencial de atención clínica con 21 consultas de medicina, enfermería, farmacia, odontoloxía e hixienista, ademais das correspondentes salas de técnicas, de toma de mostras e de espera de pacientes.

As súas instalacións integrarán o Punto de Atención Continuada e contarán cunha base do 061 na área de urxencias.

Respecto dos seus servizos asistenciais, o futuro centro de saúde de Noia estará dotado con novas unidades: como é o caso dunha área de fisioterapia e rehabilitación, unha consulta de fisioterapia e unha sala de fisioterapia; e unha área de saúde mental, con 5 consultas: psiquiatría, psicoloxía, enfermería e traballo social, e unidade de atención ás adicións.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, nunha visita recente deste á vila noiesa

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...