A Deputación destina máis de 153.000 euros para o persoal das oficinas municipais de turismo do Barbanza

14 Marzo 2025

A Deputación da Coruña informou que cincuenta e cinco municipios coruñeses repartirán os 792.039 euros que a institución provincial investirá no programa DP0029, dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo durante 2025. Os beneficiarios recibirán axudas de entre 10.000 e 20.000 euros.

Nos concellos do Barbanza beneficiados estariamos a falar de arredor de 153.300 euros

“Con esta liña de axudas seguimos a reforzar a capacidade dos concellos para ofrecer un servizo turístico de calidade, garantindo durante todo o ano unha atención profesionalizada que contribúa á promoción dos nosos recursos naturais, culturais e patrimoniais, mellorando a experiencia dos visitantes e fortalecendo o sector en toda a provincia”, destacou o vicepresidente Xosé Regueira, subliñando que o programa de subvencións “responde a un compromiso coa equidade territorial, xa que facilita que mesmo os municipios con menos recursos poidan competir nun sector clave para a economía provincial”.

Interior da Oficina de Turismo de Boiro

“Co programa DP0029”, rematou, “non só garantimos servizos turísticos de calidade, senón que tamén favorecemos a creación e consolidación de postos de traballo. Apostamos por un turismo xestionado de forma profesional e sostible, con información accesible e adaptada ás necesidades de cada territorio”.

A relación dos concellos beneficiarios pode consultarse e descargarse no BOP do 14 de marzo.

Subvencións aos concellos do Barbanza e contorna

A Pobra do Caramiñal. 18.336,26€.

Boiro. 19.562,04€

Muros. 17.819,37€

Noia. 15.031,11€

Outes. 12.939,91€

Padrón 18.089,50€

Porto do Son 15.431,82€

Rianxo 15.960,53€

Ribeira 20.000€

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.