Noia Histórica agasalla estadías no Spasinho das Cabañitas do Bosque coa súa Campaña do Día do Pai

13 Marzo 2025

A patronal de empresas noiesas, Noia Histórica, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello, lanzou este xoves 13 de marzo a nova edición da súa Campaña do Día Pai, destinada a render homenaxe aos pais de familia en calquera das súas vertentes e diversidades ao tempo que se dinamiza o comercio local apostando polos produtos e servizos das tendas e dos establecementos de Noia e da súa contorna.

A campaña, activa dende xa, foi presentada no centro histórico de Noia por Mateo Caamaño, tesoureiro da patronal, e Mª Jesús Froján, vogal da entidade, ambos pertencentes ao tecido comercial da vila e do concello.

Segundo explicaron, a campaña estará vixente ata o 19 de marzo. O día 20 Noia Histórica procederá ao sorteo de dous circuítos termais La Novena no Spasinho para 2 persoas, nas Cabañitas do Bosque.

Trátase, explicaron, “dun importante agasallo nun establecemento único cunha demanda espectacular localizado na Serra de Outes”.

Para participar as persoas clientes terán que subir á web de Noia Histórica os tíckets de compra de entre o 13 e o 19 de marzo, no apartado de sorteos online.

E unha campaña financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.