Galicia rexistra un total de 333 casos infectados por coronavirus

18 Marzo 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 333: 108 na área da Coruña, 31 na de Lugo, 34 na de Ourense, 47 na de Pontevedra, 49 na de Vigo, 56 na de Santiago, e 8 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 63 están en unidades de hospitalización e 259 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 4 falecementos. O último é dun varón de 72 anos, que estaba ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que padecía varias patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 2.614.

A Xunta manifesta que continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con tódolos axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que se segue en alerta actualizando tódalas medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Así mesmo, insístese en que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900400116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade inciden nas recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Por isto, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Tamén se evitará tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...