Mércores 12, nova borrasca traerá inestabilidade e descenso de temperaturas

11 Marzo 2025

Este mércores, unha nova borrasca Konrad, achegarase ao suroeste de Galicia, incrementando a inestabilidade atmosférica debido á presenza de aire frío en altura. A xornada comezará con néboas en zonas do interior, que darán paso a ceos con nubes e claros.

Pola tarde, os chuvascos estenderanse de forma xeneralizada, podendo acadar intensidade moderada. A cota de neve situarase nos 1.200 metros ao final do día. As temperaturas experimentarán un descenso lixeiro a moderado. O vento soprará frouxo do sur-suroeste pola mañá, rolando a nordés pola tarde e adquirindo moderada intensidade no litoral.

meteogalicia

O xoves unha borrasca situada na península deixará unha circulación do nordés moi marcada en Galicia. Con isto, teremos ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis probables na metade norte do territorio. A cota de neve arredor dos 1000 metros. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán do nordés, moderados en xeral, fortes no litoral atlántico.

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...