Sábado 8, a borrasca Jana traerá choivas e descenso de temperaturas en Galicia. Suspéndese a actividade deportiva federada

07 Marzo 2025

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e de Pontevedra

Suspéndese desde mañá pola tarde a actividade deportiva federada no mar nos concellos afectados polo fenómeno meteorolóxico adversos

A borrasca Jana manterase ao noroeste, preto de Galicia, durante toda a xornada, enviando sucesivas liñas de inestabilidade. Espérase un día de ceos nubrados e precipitacións, máis intensas e frecuentes no sur da comunidade.

A cota de neve situarase nos 1300 metros pola mañá, descendendo ata os 1000 metros pola noite. As temperaturas experimentarán unha baixada entre lixeira e moderada, mentres que os ventos de compoñente sur sopraran con intervalos fortes.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá, 5 a 7 á tarde e 6 a 8 á noite. Forte marusía á mañá, media vaga á tarde e vaga á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do sudoeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 4.5 a 5 metros á tarde e 5 a 6 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...