Mulleres do Barbanza celebra o 8M en Ribeira cunha exposición de carteis sobre a historia do feminismo e a lectura dun manifesto

06 Marzo 2025

Este sábado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) vai organizar unha concentración aberta e participativa na praza da Porta do Sol de Ribeira (a praza da Igrexa) a partir das 12.00 horas, co obxectivo de seguir reclamando os dereitos das mulleres, a plena igualdade e a erradicación das agresións e a violencia de xénero. A cita inclúe unha exposición de carteis sobre a historia do feminismo, a partir do mediodía. Ás 19:00h lerase o manifesto deste ano polo 8M. En caso de chuvia, os actos levaranse a cabo a cuberto na rúa de Galicia. Colabora Amnistía Internacional (Grupo de Acción do Barbanza).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.