O Día dos Enterros porá o colofón ao Entroido de Boiro, este domingo 9

06 Marzo 2025

Logo do tradicional Desfile e Concurso de Disfraces e Carrozas deste martes 4 de marzo, que foi un éxito de participación e creatividade (e reparto de preto de 5.000 euros en premios), o Entroido de Boiro aínda nos ten deparada unha gran sorpresa múltiple para a xornada deste 9 de marzo, domingo, Día dos Enterros.

A axenda desta xornada comeza en Cabo de Cruz co Entroido Crucense e o enterro do Farruco, continúa en Praia Xardín co enterro da Cunca, pola tarde será o enterro do Óso en Abanqueiro e rematará o día con enterro do Felipiño en Escarabote. Como de costume haberá un tren que percorra todos os enterros durante o día.

ENTERROS ENTROIDO

Data: domingo 9 de marzo

Lugar: parroquias de Boiro

Descrición: o tren recorre os enterros de Boiro:

Enterro do Farruco de Cabo de Cruz

Enterro da Cunca de Praia Xardín

Enterro do Óso de Abanqueiro

Enterro do Felipiño de Escarabote

Outros artigos

O Curro (Noia) acolle este sábado unha nova foliada aberta

Noia vai celebrar o remate do mes de outubro cunha nova Foliada no Curro, coincidindo co último sábado do mes e, tamén, coa festividade do Samaín. Desta volta a xuntanza (aberta, festeira e participativa) terá formato de Foliada da Arada, e dará comezo ás 18.30 na...

+

O 14 de novembro celébranse as II Xornadas Micolóxicas de Noia

O próximo sábado 14 de novembro temos en Noia, grazas ás súas II Xornadas Micolóxicas, unha cita coa natureza, os cogomelos e a gastronomía. Será, en palabras da organización, "unha xornada para aprender, descubrir e gozar da riqueza micolóxica da nosa contorna". O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.