Os Xardíns de Valle-Inclán transfórmanse nun Xardín do Terror para celebrar o Samaín

28 Outubro 2026

Os Xardíns de Valle-Inclán acollerán o vindeiro sábado, 31 de outubro, unha proposta especial para celebrar o Samaín. Baixo o nome de Xardín do Terror, a iniciativa organizada pola Concellería de Cultura dará comezo ás 20.00 horas e ofrecerá unha experiencia na que o misterio e as historias de medo cobrarán protagonismo.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, presentou esta actividade, coa que se busca dinamizar os espazos públicos do municipio e ofrecer unha alternativa de lecer vinculada a unha das celebracións máis arraigadas na tradición popular galega.

Durante a presentación, a edil destacou “a importancia de manter vivas as tradicións e de impulsar propostas culturais que favorezan a participación cidadá”. Seguindo este fío, sinalou que “o Samaín constitúe unha oportunidade para compartir experiencias, estimular a imaxinación e gozar dos espazos públicos dun xeito diferente”.

Unha noite de misterio nos Xardíns de Valle-Inclán

O recinto transformarase, por unha noite, nun escenario no que o terror e a ambientación propia destas datas serán os protagonistas. Con esta iniciativa, a área de Cultura pretende “fomentar a participación e crear unha atmosfera especial arredor desta festividade”.

Desde a organización recoméndase acudir disfrazado ou disfrazada para contribuír á ambientación e formar parte da celebración.

A cita será o sábado 31 de outubro, ás 20.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán. O Concello da Pobra do Caramiñal convida a todas as persoas interesadas a achegarse e compartir unha noite de Samaín marcada polo misterio.

Outros artigos

O Curro (Noia) acolle este sábado unha nova foliada aberta

Noia vai celebrar o remate do mes de outubro cunha nova Foliada no Curro, coincidindo co último sábado do mes e, tamén, coa festividade do Samaín. Desta volta a xuntanza (aberta, festeira e participativa) terá formato de Foliada da Arada, e dará comezo ás 18.30 na...

+

O 14 de novembro celébranse as II Xornadas Micolóxicas de Noia

O próximo sábado 14 de novembro temos en Noia, grazas ás súas II Xornadas Micolóxicas, unha cita coa natureza, os cogomelos e a gastronomía. Será, en palabras da organización, "unha xornada para aprender, descubrir e gozar da riqueza micolóxica da nosa contorna". O...

+

Dodro celebra o Samaín co espectáculo familiar O Espantamedos

O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos Será...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.