As bibliotecas prorrogarán de xeito automático os préstamos que teñamos no fogar

17 Marzo 2020

Para todas aquelas persoas que non tiveron ocasión de devolver os préstamos das bibliotecas municipais da comarca antes do peche destes centros públicos por mor da propagación do virus e das medidas cautelares para freala, dicirlles que están a chegar mensaxes a respecto a través das redes sociais, de man do persoal das bibliotecas.

Nestas mensaxes faise saber que todos os materiais (libros, filmes, discos) que as usuarias e usuarios teñan retidos nos seus fogares e tiveran data de vencemento estes días quedarán prorrogados de maneira automática, nun principio até o 30 deste mes de marzo. Así nolo fan saber as bibliotecas de Rianxo e Pobra do Caramiñal, pero a medida será aplicábel a toda a rede de espazos de lectura, consulta e préstamo dos nosos concellos.

Por certo que as bibliotecas tamén están a achegar recursos para paliar os efectos negativos do confinamento derivado das medidas de prevención. Así, dende a Biblioteca de Rianxo achegan ligazóns a contos da Biblioteca Virtual Cervantes e lembran a importancia de botarmos man da plataforma GaliciaLé (https://www.galiciale.gal), na que podemos seguir atopando libros para todas as idades, revistas, audiolibros e películas.

As bibliotecas lembran que, malia que non sigan tendo actividade presencial, continúan dando servizo a través das redes sociais, das conta de correo de seu ou dos seus teléfonos habituais.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.