As comparsas Cine Avenida, Vou prender as picas e a Banda da Fregona gañan o concurso Entroido de Rois con máis de 300 participantes

02 Marzo 2025

O Entroido de Rois foi este domingo unha troula multitudinaria. Máis de 300 persoas acudiron disfrazadas para participar nun desfile que superou todas as previsións, e que optaban aos máis de 1.800 euros en premios que repartiu o Concello nas diferentes categorías. Tras representar as súas coreografías nun abarrotado pavillón dos Dices, finalmente o xurado declarou gañadoras as comparsas Cine Avenida (máis de 13 membros), Vou prender as picas (de 4 a 12) e a Banda da Fregona (infantil de 4 a 12 anos).

Banda da Fregona, comparsa infantil gañadora

A Feira do automóbil do ano 1925 en Pontecesures e os Grandes éxitos de Amipa levaron o segundo e terceiro premio, respectivamente, entre as comparsas de máis de 13 membros. Circus gañou o segundo premio nas comparsas de 4 a 12 membros e Vaiana en Rois na mesma categoría en infantil.

Cine Avenida, gañadora en comparsas de máis de 13 membros

As mariposas e Os viaxeiros do Titánic recibiron o segundo e terceiro premio na categoría de parella trío. Os trompos no Camiño e Dente de león tamén recolleron premio en metálico en individual ata 12 anos. Nesta categoría tamén recibiron un agasallo O amigo dos paxaros, Fada informativa e Puzzle.
De paseo coa avoa foi a gañadora na categoría individual de maiores de 12 anos.

Grandes éxitos de Amipa, terceira en comparsas

O desfile deste ano foi no que máis comparsas e carrozas participaron, un total de 17 das que media ducia achegáronse dende outros municipios. O Goberno local quixo recoñecer este ano o esforzo da veciñanza, outorgando unha gratificación de 50 euros para as comparsas locais de ata doce membros e con 100 euros ás compostas por máis de 13 persoas, que se implicaron activamente para darlle colorido a este desfile.

Vou prender as picas, gañou en comparsas de 4-12 membros

A longa comitiva, formada polas 17 carrozas e comparsas, 7 participantes na categoría de parella-trío, e 11 na individual, comezou o desfile diante da casa consistorial para ir cantando e bailando ata o polideportivo municipal dos Dices, que estaba cheo de xente.

As Fadas

O xurado tivo un difícil traballo para valorar as mellores caracterizacións e coreografías.

De paseo coa avoa

Ao rematar a entrega de premios o Dúo Reflejos animou a festa, na que diferentes asociacións municipais montaron mesas con produtos típicos do Entroido que compartiron todas as persoas presentes na festa.

Sargadelos, unha homenaxe a Vizoso

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.