A Pobra celebrou a Rosalía cun concerto da rapazada no Elma e a tradicional ofrenda floral

24 Febreiro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal quixo celebrar coa rapazada local o Día de Rosalía, que naceu hai 188 anos un día coma este 23 de febreiro. Con motivo deste aniversario, o Concello preparou unha completa axenda de homenaxes dirixidos “a poñer en valor a obra e a traxectoria dunha muller que xa é patrimonio inmaterial do pobo galego”.

O venres día 21 foi un dos días grandes desta homenaxe da Pobra, xa que coincidiu coa última xornada lectiva antes do propio Día de Rosalía de Castro e polo tanto permitiu a participación dos centros educativos, claves segundo a concelleira Patricia Lojo “para a promoción da lingua galega e a posta en valor da escritoras galegas”. Na vertente musical contouse coa participación do grupo de música tradicional Trécola e a continuación foi a quenda para unha performance participativa a cargo dos Quinquilláns que levou como título Que pasa arredor de min? No Teatro Cine Elma a rapazada participante cantou poemas de Rosalía, concretamente o alumnado do Colexio Pilar Maestú Sierra e do Salustiano Rey Eiras.

Ás 13.00 horas realizouse a tradicional ofrenda cívica na praza que leva o nome da escritora, coa lectura dun manifesto e o repartimento do Caldo de Gloria entre as persoas asistentes. Estiveron presentes, entre outras/os, as concelleiras Patricia Lojo e Estefanía Ramos, o alcalde José Carlos Vidal, e o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán.

Ademais, até o 28 de febreiro celebrarase o concurso das Sete Rosalías, unha actividade para os nenos e as nenas, que deberán atopar nas máis dunha trintena de establecementos comercias da Pobra do Caramiñal as “sete Rosalías diferenciadas”. A dinámica será a habitual: deberanse buscar as siluetas co rostro da poeta expostas nos escaparates dunha trintena de establecementos colaboradores no período comprendido entre o 18 e o 28 de febreiro. Poden participar todos aqueles nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que conten cun dos impresos repartidos nos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.