Amalia Blanco Pose gaña o Premio Literario Camilo José Cela

21 Febreiro 2025

A gañadora, de 18 anos e veciña de Santa Comba, logrou este prestixioso galardón coa obra ‘No neghro da ialma’,  O texto destaca pola singularidade do seu estilo e pola súa visión persoal e comprometida da sociedade

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, fixo entrega esta tarde do XXXIV Premio Literario Camilo José Cela a Amalia Blanco Pose, unha moza de 18 anos natural de Santa Comba, pola súa obra No neghro da ialma. O certame, considerado un dos máis prestixiosos das letras españolas, acadou nesta edición unha cifra récord de 123 relatos presentados, superando os 119 do ano anterior.

O premio, dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa, reafirma o compromiso do Concello de Padrón coa promoción cultural e rende homenaxe á figura literaria e humana de Camilo José Cela, Premio Nobel de Literatura.

O xurado, presidido polo alcalde e responsable da área de Cultura, estivo integrado por expertos en literatura e educación, quen destacaron a obra gañadora pola “peculiaridade do seu estilo, que emprega unha ortografía propia, e pola súa visión marxinal da sociedade”. Tamén subliñaron a singularidade do uso da gheada e do seseo, elementos pouco habituais nos concursos literarios.

Amalia Blanco escribiu No neghro da ialma con tan só 17 anos. Aínda que posúa unha ampla traxectoria literaria con diversos premios en poesía, recoñeceu que nunca imaxinara gañar un certame da relevancia do Premio Camilo José Cela. Segundo explicou, a obra é profundamente persoal, transformando en ficción os sentimentos dunha etapa escura da súa vida.

A cerimonia de entrega do premio celebrouse no Paraninfo da Fundación Pública Camilo José Cela e contou cun recital lírico a cargo da soprano Beatriz Vázquez Lorenzo, acompañada ao piano por Ría Garrido.

Con esta edición, o Premio Literario Camilo José Cela consolídase como un referente no panorama literario, impulsando a creatividade e dando visibilidade a novas voces narrativas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...