Detido en Boiro polo roubo de imaxes relixiosas na capela de Santa Rita

21 Febreiro 2025

Garda Civil

A Garda Civil de Boiro detivo a un veciño de Lousame como presunto autor do roubo, en dúas ocasións, de varias imaxes relixiosas e outros obxectos de culto da capela de Santa Rita de Ponte Beluso, en Boiro .

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, o sospeitoso facíase pasar por operario dunha empresa de obras e servizos para perpetrar os roubos.

Grazas ás investigacións levadas a cabo, as autoridades lograron recuperar os obxectos subtraídos, entre eles dúas imaxes da Virxe Santa Rita, un cadro dun Cristo e un rosario. A Garda Civil destacou que estes elementos, doados por fregueses e devotos, teñen un gran valor simbólico e sentimental para a comunidade.

O detido enfronta cargos por dous delitos contra o Patrimonio e a Orde Socioeconómica –roubo e furto–. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.