O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza un encontro en Rianxo cos cinco proxectos seleccionados pola Fundación Biodiversidade

21 Febreiro 2025

O próximo mércores 26 de febreiro, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza un encontro en Rianxo de cinco proxectos seleccionados pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO). A xornada está dirixida a dar a coñecer o proceso de traballo destas iniciativas innovadoras, ofrecendo unha visión en profundidade sobre proxectos que están a promover a transformación da xestión dos montes de Galicia. Pretende ser “un espazo informal para continuar o diálogo e explorar posibles colaboracións en futuros proxectos”. A cita será no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, en Rianxo.

Plantacións de especies autóctonas en Leiro, impulsadas polo Laboratorio Ecosocial

As entidades levan anos traballando en colaboración coas comunidades locais, desenvolvendo modelos que contribúan á preservación do medio ambiente e ao desenvolvemento rural do territorio galego.

A programación do evento dará comezo ás 9:30 horas coa benvida institucional e a presentación dos proxectos participantes. Cada proxecto disporá de 15 minutos para expoñer os seus avances, obxectivos e impacto no territorio. Os proxectos seleccionados son:

-Laboratorio Ecosocial do Barbanza: Promove unha transición cara á sustentabilidade medioambiental e o aumento da resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

-CAPRIF-CC: Traballa no fortalecemento das capacidades das comunidades rurais a través da formación, a sensibilización, a aplicación de novos sistemas de gobernanza e o desenvolvemento de accións piloto innovadoras.

-Servizos Ecosostémicos Montes Periurbanos de Vigo: Aborda o reto de harmonizar o uso social e o aproveitamento económico dos montes co fin de garantir a súa conservación.

-Mixturando: Desenvolve novas estratexias para a valorización do bosque mixto Atlántico en espazos protexidos de Galicia e Asturias.

-RuraltXa: Impulsa a bioeconomía rural mediante a revalorización da gandería extensiva de montaña, vinculándoa á conservación da biodiversidade.

A partir das 11:30 horas, as persoas asistentes poderán participar nunha saída de campo para visitar as accións do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Esta actividade permitirá observar deprimeira man as boas prácticas implementadas e os resultados acadados, promovendo o intercambio de coñecemento e experiencias.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.