O PSOE de Rianxo critica ao Concello por desestimar todas as alegacións do grupo ao regulamento de atención temperá

21 Febreiro 2025
O voceiro dos socialistas rianxeiros, Óscar Rial

O PSOE de Rianxo, a través do seu voceiro Óscar Rial, emitiu un comunicado no que mostra a súa disconformidade co Concello respecto á súa posición sobre o regulamento de atención temperá. Os socialistas critican que “todas as alegacións do PSOE foron destestimadas polo Goberno rianxeiro, unha decisión que demostra a falta de preocupación do Executivo pola calidade do servizo e polas familias que dependen del”.

Engaden que “dende o PSOE de Rianxo levamos tempo advertindo que o regulamento inicial é demasiado xenérico e deixa sen regular aspectos clave, como os perfís profesionais dispoñibles, a entrega de informes iniciais, o traballo interdisciplinar con outras entidades ou empresas, a creación de sinerxías positivas e a adecuación dos espazos, e malia todo isto o Goberno local decidiu ignorar todas estas propostas de mellora, sen dar marxe ao diálogo nin á procura de solucións que realmente respondan as necesidades do municipio”.

Explican que esta situación será levada ao próximo pleno, onde o PSOE abrirá o debate co ánimo de que “o resto de forzas políticas vexan a necesidade desta modificación e co obxectivo de lograr un regulamento máis adecuado á realidade de Rianxo”, adiantaron, mostrando a súa confianza “en que, neste proceso, prevaleza a cordura e o interese xeral das familias afectadas, e se poida traballar nunha normativa que garanta un servizo de atención temperá de calidade”.

Engaden que os “socialistas levamos máis dun mes esperando para manter unha reunión coa empresa xestora e a concelleira de Servizos Sociais co obxectivo de analizar aspectos clave do servizo e expor posíbeis melloras”. E conclúen: “O Partido Socialista de Rianxo seguirá defendendo ás familias e reivindicando un regulamento máis completo e xusto, que non deixe sen resposta as demandas de quen máis o necesitan”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.