Continúan as xornadas educativas en Rianxo organizadas polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza

20 Febreiro 2025


O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organizou a terceira xornada educativa desta semana en colaboración con centros do municipio de Rianxo. Esta
acción, precedida por outras dúas xeiras de traballo, están coordinadas pola Fundación Montescola, que busca sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia da xestión sostíbel dos nosos montes. Estas accións forman parte da liña de acción 5 do Laboratorio, liderada por Fundación Montescola, que ten como obxectivo fortalecer o traballo en rede e dinamizar a conexión entre iniciativas locais poñendo en marcha un programa de innovación educativa asociado á xestión territorial e aproveitamento sustentábel dos recursos naturais.

A xornada deste mércores 19 celebrouse no monte de Isorna e contou coa participación do alumnado de quinto de primaria do CEIP ADR Castelao de Rianxo. A iniciativa foi coordinada por Montescola, en colaboración coa Comunidade de Monte Veciñal en Man Común (CMVMC) de Isorna e a Plataforma pola Defensa do Monte, contando especialmente co apoio do Distrito Forestal de O Barbanza.

Durante a xornada, realizáronse diversas actividades didácticas para fomentar a conciencia ambiental e o coñecemento sobre a xestión forestal. Ademais, os escolares participaron activamente nunha plantación de frondosas autóctonas, contribuíndo así á recuperación ecolóxica do monte.

Un total de 50 nenos e nenas tiveron a oportunidade de achegarse ao funcionamento das CMVMC e comprender a relevancia dunha xestión sustentábel do territorio. O Distrito Forestal prestou apoio cunha cuadrilla especializada que axudou na plantación e organizou unha demostración do funcionamento dunha motobomba. O alumnado puido experimentar de primeira man o uso dunha mangueira, o que lles permitiu entender mellor o traballo de prevención e extinción de incendios.

Inicialmente, estaba previsto que hoxe, 20 de febreiro, se repetise a actividade co grupo de sexto de primaria, pero debido á previsión de choiva, a xornada tivo que ser adiada ata novo aviso.As outras dúas xornadas lideradas por Montescola tiveron lugar o pasado luns, 17 de febreiro, en colaboración co Sindicato Labrego Galego. Desenvolvéronse nos centros formativos CEP Xosé Ma Brea Segade e Monte Vivo do IES Félix Muriel, abordando o papel fundamental das mulleres no sector primario e a súa contribución á sustentabilidade e dinamización do territorio galego.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.