O alumnado do IES Poeta Añón de Outes libera de eucaliptos o treito urbano do río Tins

19 Febreiro 2025

Logo de máis de dous anos de traballo con centos de persoas voluntarias e escolares, o proxecto ReNatur_Outes deu por concluídos esta semana os traballos de eliminación de eucaliptos nas zonas de ribeira do río Tins ao seu paso pola Serra de Outes. Se no martes foron cortados 4 exemplares que sumaban máis de 10 toneladas, na mañá deste mércores 19 o protagonismo foi da rapazada do IES Poeta Añón, que participou na retirada da biomasa resultante. As e os 29 estudantes, xunto con profesorado e integrantes da Fundación Montescola, plantaron ademais medio cento de sabugueiros a partir de estacas nos noiros do leito fluvial, contribuíndo á renaturalización do bosque de ribeira e á consolidación do terreo fronte aos danos e arrastres que poidan causar futuras enchentes. Os traballos leváronse a cabo nunha zona na que a rapazada do IES Poeta Añón xa realizaran traballos para a eliminación de acacia negra en 2023.

Os responsábeis do proxecto Renatur_Outes engadiron que nos vindeiros meses serán eliminados os últimos exemplares de mimosa, acacia negra e falsa acacia que se descascaron o ano pasado, acadando o obxectivo de retirar as especies exóticas invasoras arbóreas no treito urbano do río Tins. Tamén continuarán as accións de voluntariado e traballo con escolares para o control doutras especies invasoras como a Tradescantia fluminensis, as plantas do xénero Crocosmia ou o bambú.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están “a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.