
Os integrantes da Comisión de Pesca do Senado visitarán Ribeira os próximos días 20 e 21 de febreiro, co obxectivo de coñecer de primeira man a actividade do que está considerado como o porto pesqueiro de baixura máis importante de Galicia, ademais das principais demandas e necesidades das empresas e profesionais que desenvolven o seu labor no sector local. Estarán encabezados pola presidenta da Comisión, Carmen Belén López Zapata, e actuará como anfitrión o seu voceiro, o senador ribeirense e ex alcalde Manuel Ruiz.
Na axenda está prevista (entre outras xuntanzas de traballo) unha reunión co presidente da Federación Galega de Confrarías e patrón maior da localidade, José Antonio Pérez, e cos patróns de Aguiño e Palmeira. Así mesmo, visitarán a conserveira Lou Alma Galega para posteriormente dirixirse a Lonxa onde se atoparán co seu xerente e con representantes do sector. Contarán ademais coa compañía da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde. Finalizarán a súa axenda coa visita a Escola Náutico Pesqueira.
A visita enmárcase dentro do obxectivo do Grupo Popular de “achegarse ao sector para coñecer de primeira man as súas demandas e suxestións e poder trasladalas a sede parlamentaria”. Igualmente permitirá os senadores dar a coñecer as súas iniciativas nesta primeira lexislatura cunha Comisión dedicada integramente a Pesca.



