O vindeiro domingo 23 de febreiro celebrarase no Paseo da Ribeira de Rianxo o tradicional acto en recordo de Rosalía de Castro, Filla Adoptiva do Concello de Rianxo.
Xunto coa ofrenda floral no monumento da autora, levaranse a cabo, como cada ano, unha lectura colectiva de poemas por parte do alumnado dos centros educativos do municipio, así como do público asistente.
O acto será ás 12:00 horas.
Lembrar que este domingo 23 celébrase o Día de Rosalía, coincidindo coa data finalmente aceptada do seu nacemento. Este ano conmemórase o 188 aniversario do seu nacemento.




