Anxos Castro Parada presentou “Conversas comigo mesma” en Porto do Son

12 Febreiro 2025

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu este sábado 8 de febreiro a presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas, da autora Anxos Castro Parada (A Ribeiriña, A Pobra, 1952). O acto contou coa presenza de Alicia Martínez Maneiro, concelleira de Cultura do Concello de Porto do Son, e de María Tembra, do grupo de música tradicional Lumieira, ademais da propia Anxos Castro Parada, autora do libro, quen lembrou algúns dos seus principais referentes literarios (Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, Miguel Hernández ou Mario Benedetti entre outras/os) e fixo un percorrido pola súa vocación creativa, que frutificou dende moi nova en formato papel e logo, mais recentemente na rede social Facebook, onde está en boa medida a semente de Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas.

Editado polo selo madrileño Diversidad Literaria, Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas é unha dobre escolma poética de 160 páxinas, en galego e en castelán, na que a autora recolle pezas escritas ao longo de toda a súa traxectoria vital, dende a nenez. Nesta colección vital, Anxos Castro defende a poesía como “a forma máis máxica de comunicación de cantas existen”, que, asegura, “permíteme expresar co que máis me gusta, coa pluma, plasmando sobre o papel todas as miñas emocións”. O libro, explicou, “contén toda a miña traxectoria literaria, desde que tiña 13 anos ata a actualidade, pois sempre fun gardando os poemas que xurdían de todo aquilo que me inspiraba ou me emocionaba”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...