O Concello de Rois convoca unha nova edición do concurso de carteis para conmemorar o Día da Muller

03 Febreiro 2025

O Concello de Rois convocou unha nova edición do concurso de carteis co motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo.

Este certame está dirixido ao alumnado dos centros educativos do municipio e ten como obxectivo “promover a reflexión sobre os dereitos das mulleres e nenas, así como a igualdade de xénero, a través da arte e a expresión plástica”.

O Concello explicou que os traballos, que deberán presentarse en formato A3 ou A4, poderán empregar diversas técnicas, como ilustración, fotografía ou colaxe, entre outras.

Todas as contribucións presentadas deberán incluír obrigatoriamente un lema ou texto curto en galego que reflicta a conmemoración do Día da Muller. Permitirase a presentación de traballos en grupo, sempre que estes sexan orixinais e inéditos.

O prazo de entrega dos traballos será ata o xoves 6 de marzo. Os traballos recolleranse nos centros educativos do municipio durante ese día.

En canto aos premios, establecéronse dous premios por cada unha das nove categorías seguintes: 1º, 2º e 3º de Educación Infantil; 1º e 2º de Educación Primaria e 1º e 2º de Secundaria Obrigatoria (ESO). Se un traballo grupal é presentado por menores pertencentes a diferentes categorías, será clasificado na categoría do neno ou nena de maior idade.

Os carteis premiados serán utilizados para promocionar os actos organizados polo Concello con motivo do Día Internacional da Muller. Ademais, todas as persoas participantes, tanto as premiadas como as non premiadas, recibirán un diploma acreditativo.

As bases do concurso e o formulario de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello de Rois.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...