A área Sanitaria de Santiago e Barbanza acada o seu récord histórico de doantes de órganos en 2024

03 Febreiro 2025

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza acadou o pasado ano o récord de doantes de órganos desde que existe o programa de doazón en Compostela, estes datos propiciaron que tamén se rexistrase a segunda cifra máis elevada de transplantes, 115 en total. Así o fixo saber este luns 3 o xerente da Área, Angel Facio, xunto con algúns dos profesionais vinculados aos diferentes programas de transplantes da área, na compaña da directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López e da coordinadora autonómica de transplantes, Encarnación Bouzas, que se achegaron ata o Hospital Clínico de Santiago no inicio da exposición organizada pola Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI) na que se mostran os traballos premiados no VI Concurso escolar de carteis relacionado coa doazón e o transplante, organizado por ADOS.

Así, a coordinadora de doazón e transplante da área compostelá, Carmen Rivero, destacou que “a xenerosidade dos doantes e as súas familias e o traballo colaborativo de todos os profesionais implicados no proceso de doazón fixeron posíbel que en 2024 se levaran a cabo 43 doazóns de órganos, dos que 37 foron de doador falecido e 7 de doador vivo”. Dos 37 doantes falecidos, cabe destacar que 20 foron doantes falecidos en situación de morte encefálica e 17 tras falecer por parada cardiorrespiratoria (doantes en asistolia). Así pois, este tipo de doazón, que comezou a realizarse en Santiago en 2017, xa achega case a metade do total de doantes (46%).

En canto ao perfil do doante, a causa da morte máis frecuente foi, do mesmo xeito que en anos anteriores, a hemorraxia cerebral, seguida da encefalopatía anóxica tras parada cardiorrespiratora e o traumatismo cranioencefálico por caída accidental.

Non houbo diferenzas en canto á porcentaxe de doantes homes e mulleres e a idade media situouse ao redor dos 64 anos (o doante maior tiña 87 anos e o máis mozo 22).

Segundo fixeron saber, produciuse un intercambio de órganos con outros centros hospitalarios co obxectivo de transplantar a cada paciente o órgano coas mellores indicacións. Grazas ás doazóns realizadas na área sanitaria, aos órganos recibidos de doantes doutras áreas e ao excelente traballo levado a cabo por todo o persoal implicado na actividade de transplante, realizáronse os 115 procedementos: 54 transplantes de fígado e 61 de ril. Dos transplantes hepáticos, 2 deles foron transplantes combinados fígado-ril. En canto aos transplantes renais, dos 61 realizados, 7 leváronse a cabo con enxertos procedentes de doantes vivos.

A actividade de transplante renal con doante vivo está completamente consolidada en Santiago e as cifras van en aumento, superando en 2024 as cifras realizadas en anos previos.

ACTIVIDADE DOAZÓN


Doantes falecidos en morte encefálica1620
Doantes falecidos en asistolia controlada1117
Doantes falecidos totais2737
Negativas á doazón510
Idade media doantes6164




ACTIVIDADE TRANSPLANTES


Fígado35542 transplantes combinados hepato-renal
Ril39617 deles con doante vivo




Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.