Galicia estará este luns 3 de febreiro día de San Brais e San Oscar, baixo a influencia dun anticiclón, o que traerá estabilidade meteorolóxica. Agárdanse bancos de néboa matinais en zonas do interior, que darán paso a ceos con máis nubes durante a mañá. Pola tarde, os claros gañarán terreo.
As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un leve ascenso. Os ventos serán en xeral frouxos e de dirección variable.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 4 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



