
Os bombeiros do parque provincial de Boiro acudiron a un sinistro na estrada AC-305 (pk.20), á altura de Crespón, no concello de Boiro. Ao parecer un vehículo atropelou a dous ciclistas menores de idade, do clube ciclista Cortizo, que circulaban pola vía. O 061 trasladou aos menores ata o Hospital.
Ademais do 061 acudiron a Policía local, Garda Civil Tráfico e SMPC de Boiro.



