O senador Manuel Ruíz, amosa a súa preocupación pola drástica redución de capturas de lirio en Ribeira

31 Xaneiro 2025

O senador do Partido Popular, Manuel Ruiz, expresou a súa preocupación ante a alarmante escaseza de lirio no Porto de Ribeira, un dos principais puntos de descarga desta especie.

Tras un ano 2023 con cifras destacadas en capturas, os datos actuais reflicten un acusado descenso. Mentres que nesta mesma época do ano pasado descargáronse 727 toneladas de lirio no porto, en 2025 a cifra esborrallouse a só 60 toneladas.

Ante esta situación, o senador Ruiz formulou unha serie de preguntas ao Goberno para esclarecer as causas deste descenso e coñecer se se tomarán medidas respecto diso:

  • É consciente o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación desta situación?
  • A que atribúe o Ministerio esta redución de capturas?
  • Considera que se trata dun descenso puntual?
  • Podería a actividade das frotas do Norte de Europa e os seus grandes arrastreiros estar a influír nesta diminución?
  • No caso de que esta tendencia continúe, prevé o Goberno algunha acción ou estudo por parte do Instituto Español de Oceanografía (IEO)?

Ruiz subliñou a urxencia de obter respostas claras que acheguen tranquilidade ao sector pesqueiro, vital para a economía da lonxa de Ribeira e do Concello, capital da Comarca de Barbanza. Así mesmo, insistiu na importancia de que, se a situación persiste, o Instituto Español de Oceanografía leve a cabo os estudos pertinentes para avaliar as causas do descenso da pesqueira e o estado dos stocks de lirio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.