Os empresarios de Ribeira sortearán dúas ceas para dúas persoas valoradas en 100 euros con motivo da Campaña de San Valentín

31 Xaneiro 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este venres 31 de xaneiro os detalles da edición 2025 da súa Campaña de San Valentín, coa que se pretende (novamente) poñer o foco nas moitas posibilidades que ofrece o comercio local para satisfacer a demanda de agasallos do 14 de febreiro. Así, a patronal puxo en marcha un sorteo dirixido a tódolos clientes que merquen e consuman nos establecementos asociados. O obxectivo concreto e fundamental da campaña é “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”. A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 1 ao 14 de febreiro de 2025

A forma de participar será mercando e consumindo en calquera establecemento asociado, e logo os clientes deberán rexistrar o seus tíckets de compra na páxina web da Asociación de Empresarios.

O sorteo realizarase o luns 17 de febreiro ás 13:00h no local da Asociación de Empresarios.

A patronal agasallará aos clientes que aposten polos comercios de proximidade con dúas ceas para dúas persoas valoradas en 100€ cada unha para gastar nos establecementos de restauración socios. A data límite para gastar os premios será o 30 de abril de 2025

A campaña está financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.