O pleno da Corporación local de Rianxo aprobou este 30 de xaneiro na súa sesión, cos votos a favor do equipo de Goberno e do Partido Popular (e coa oposición do PSOE), a proposta coa que Rianxo participará no Plan de Obras e Servizos (POS+2025) da Deputación da Coruña.
A sesión foi novamente pública, polo que as persoas interesadas puideron (e poden) consultala a través da canle de YouTube do Concello de Rianxo.
A proposta inclúe os seguintes puntos.
-Mellora e mantemento do firme do viario existente entre O Burato e Fachán (Taragoña) – 102.952,85€.
-Subministración de mobiliario para a posta en funcionamento da nova Biblioteca Municipal – 70.982,46€.
-Financiamento do servizo de recollida do lixo e reforzo do Plan de Mantemento de Pistas Municipais – 518.647,04€.
-Ademais, aprobouse o Plan Complementario que inclúe o proxecto para a ampliación de redes de saneamento e abastecemento nos núcleos de Meiquiz e Or (Leiro) – 208.785,50€.




