Ribeira solidarízase co Club de Remo da Pobra cunha carreira e unha andaina solidarias (este domingo 2 de febreiro)

28 Xaneiro 2025

Seguen a mostras de solidariedade co Club de Remo da Pobra (Club de Remo Puebla), logo do incendio que destruíu este mes de xaneiro as súas instalacións e boa parte das embarcacións gardadas na súa sede. Desta volta os apoios veñen novamente dun Concello irmán: o de Ribeira. Máis polo miúdo, chegan da man da Escola de Boxeo El Canario e o Club de Natación de Ribeira, en colaboración co Concello, que presentaron este 28 de xaneiro os detalles da Carreira e Andaina Solidarias en beneficio do club de remo do veciño municipio.

Á presentación acudiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, a responsábel da Escuela de Boxeo El Canario, Clara Millares, o responsábel do Club de Natación Ribeira, Juanky Ageitos, e Adrián González e Moncha López, remeiros do Club de Remo da Pobra.

Xabier Vidal introduciu a presentación agradecendo aos clubs a iniciativa solidaria e anunciando que esta carreira e andaina dará comezo o vindeiro 2 de febreiro ás 11:00 h no Complexo Deportivo da Fieiteira na pista de atletismo.

A contribución solidaria para a andaina será de 5 euros, a mesma cantidade para as carreiras de 5.000 m. (Sub 16 en adiante), a de 2.000 m. e a (Sub 12/Sub 14) de 1.000 m. (familiar). Serán de balde a de 500 m. (Sub 10/Sub 8) e a de 100 m. (Sub 4/Sub 8). As inscricións faranse o mesmo día de 9:30 até as 10:45 da mañá.

Clara Millares apelou á solidariedade e a empatía: “Os que formamos parte dun club poñémonos no seu lugar, o traballo de tantos anos e perdelo todo nunhas horas non é doado e faise moi duro”, e tamén indicou que a andaina serán uns 6 quilómetros até a Pedra da Ra “baixando polo parque de San Roque, despois de cara ao final faremos sorteos que aportan diferentes empresas dos dous concellos”, finalizou animando á veciñanza a participar.

Adrián González, do Club de Remo da Pobra, agradeceu “enormemente este xesto dos dous clubs de Ribeira, o feito de que outros clubs empaticen con nós que saben o que consta unha actividade sen ánimo de lucro, e a pesares de ser entidades doutro municipio, estamos encantados” e continuou sinalando que “xa non é só o que se recade senón o xesto de solidariedade de compartir unha mañá de domingo de actividade física ao aire libre, esperamos que veña bo tempo e animamos a compartir unha mañá saudábel”.

Para rematar Adrián comentou que o Club de Remo da Pobra continua coa campaña especial de socios colaboradores con contía anuais de 30, 35 e 60 euros ao ano: “Logo temos un canal solidario de bizums e transferencias que son desgravábeis na declaración da renda ao 80% todo o explicamos nosa redes sociais”.

Para finalizar o concelleiro do Mar tamén quixo agradecer aos dous clubs de Ribeira por esta importante iniciativa “dende o equipo de Goberno de Ribeira sempre haberá unha man tendida para ste Club de Remo da Pobra para o que precisen”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...