Incendio no Club de Remo da Pobra do Caramiñal destrúe instalacións e embarcacións. video

05 Xaneiro 2025
remitida

Un incendio declarado na noite deste domingo causou graves danos no Club de Remo da Pobra do Caramiñal, deixando destruídas as instalacións interiores e calcinadas varias embarcacións que se atopaban resgardadas no edificio.

O lume, cuxas causas están a ser investigadas, orixinouse no interior do club e propagouse rapidamente, afectando á estrutura e aos equipos utilizados polos deportistas. Os servizos de emerxencia acudiron de inmediato ao lugar e lograron sufocar as chamas, pero non puideron evitar que o lume causase importantes perdas materiais.

Entre os bens afectados atópanse varias embarcacións de competición, cuxo valor económico e deportivo resulta significativo para o club e a comunidade local. Este incidente supón un duro golpe para os deportistas que adestran nas instalacións, así como para a tradición do remo na localidade.

remitida

Os danos materiais son considerables. Dada a magnitude do sinistro. No que as chamas vivas saían con forza desde as xanelas superiores do edificio de multiusos náutico, avivadas polos materiais con que estaban fabrican as modernas embarcacións e equipamentos de que dispoñía ao interior.
Ata o lugar desprazáronse dotacións de bombeiros, protección civil e garda civil.
É cedo aínda para determinar as causas que puidesen dar orixe a este grave incendio que afectou ás instalacións como aos bateis, traiñeiras e maquinaria para adestramento do club de remo pobrense.

remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.