Abertos en Noia os servizos de conciliación familiar para o Entroido e para Semana Santa

27 Xaneiro 2025

O Concello de Noia abriu este 27 de xaneiro (e até o 12 de febreiro) o prazo para realizar a inscrición nos servizos de conciliación familiar do Entroido e da Semana Santa, dirixido a achegar tempo de lecer á rapazada durante as vacacións e alternativas para que as nais e os pais poidan desempeñar con normalidade a súa vida laboral. A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Villar, explicou que os concilias van dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos en horario de 8:00 a 15:00. A inscrición pode realizarse no rexistro de entrada do Concello. As prazas son limitadas. A listaxe cos nomes das persoas admitidas e excluídas publicarase o 17 de febreiro para o Concilia de Entroido e o 24 de febreiro para o Concilia de Semana Santa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.