Rois achega un curso de capacitación dixital para persoas maiores de 60 anos

27 Xaneiro 2025

Dende o Concello de Rois veñen de pechar o prazo (o venres 24 de xaneiro) para participar no programa Dixital-ízate, promovido pola Xunta de Galicia a través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, encamiñado a persoas maiores de 60 anos. O obxectivo deste programa é facerlles máis doado o manexo das ferramentas tecnolóxicas en tarefas tan cotiás como o uso do teléfono móbil, solicitar citas médicas, empregar o DNI electrónico e a Chave 365.

A este curso só poderán acceder 15 persoas, contando o programa con 10 sesións, impartidas cada 15 días (os venres de 16 a 17 horas) até o mes de xuño.

Para máis información cómpre visitar o edificio Multiúsos de Rois ou chamando ao 981 800 810.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...