Noia Histórica recompensou a fidelidade polo comercio local con catro dispositivos iPhone 15

27 Xaneiro 2025

A patronal noiesa, Noia Histórica, entregou a semana pasada os agasallos relativos á súa campaña de Nadal, desenvolvida entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro baixo o lema Noia preto de ti.

Un dos puntos fortes da campaña foi o sorteo de catro dispositivos móbiles iPhone 15, un agasallo acordado polos propios comerciantes e que está valorado en 900 euros por unidade. Logo de facilitar nas redes a listaxe de números premiados a patronal procedeu a entregar cadanseu dispositivo a Iria, Cristina, Sofía e Claudia.

Os números premiados foron o 15.210 (Pisa Morena), o 8.533 (Laser Estudio Fotográfico), 20.252 (Centro Estética Ana Ces) e 17.049 (Tipitos Moda Infantil).

A campaña estivo patrocinada polo Concello de Noia, Xunta de Galicia e Deputación de Coruña.

Segundo confirmou Noia Histórica, este ano repartíronse finalmente máis de 40.000 rifas dende os establecementos asociados, recompensando cos ditos premios a fidelidade da veciñanza ao seu comercio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.