Este domingo 26 mantense a inauguración do Centro Social de Carreira. Suspendense as actividades no exterior

25 Xaneiro 2025

O Concello de Ribeira vai inaugurar cun gran festexo paticipativo a inauguración do novo Centro Social de Carreira, un espazo deseñado para satisfacer as necesidades sociais e culturais da veciñanza desta parroquia. O acto de apertura será este domingo 26 de xaneiro ás 13.00 horas nas instalacións do propio Centro Social.

O evento contará coa participación musical dos grupos locais Pandereteiras de Carreira e Airiños da Guía e do acordeonista Yago Romero, nunha celebración que se dirixe a enxalzar o talento e a intensa actividade cultural e social da parroquia. Ademais de todo isto, a Asociación de Veciños de Carreira anunciou que preparará unha exposición de fotografías antigas da parroquia.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou a importancia desta apertura para a comunidade: “A veciñanza levaba moito tempo agardando, máis de 13 anos, por este centro social, un proxecto necesario que por fin vai ser unha realidade. Este espazo está pensado para ofrecer un servizo esencial á poboación de Carreira, favorecendo a convivencia veciñal e converténdose nun punto de referencia para a promoción cultural. Estou seguro de que será un lugar cheo de vida, onde se reforcen os lazos sociais e se potencien as iniciativas culturais.”

Dende o Concello apuntan en que tamén se está a piques de sacar os pregos para licitar a concesión administrativa do espazo da cantina do Centro Social para que nas próximas semanas calquera persoa que así o desexe poida optar a poñer en marcha ese espazo.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.