Barbanza Arousa continúa coa implantación do SICTED nos negocios da comarca con novas xuntanzas (este 30 de xaneiro) e actividades

20 Xaneiro 2025

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Segundo explicou a entidade supraminicipal, formada polos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira, na axenda figura en primeira instancia unha reunión informativa sobre a adhesión dos axentes turísticos ao SICTED, á que están convidadas todas as entidades turísticas interesadas. A xornada será o vindeiro 30 de xaneiro ás 11.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas.

Segundo lembra Barbanza Arousa, o SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP, que traballa con servizos turísticos de ata 36 oficios diferentes, podendo participar todos os establecementos que se atopan no círculo do consumo do turista como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes entre outras.

O obxectivo último é “mellorar a experiencia e satisfacción do turista; mais para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios tales como mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, participar no maior proxecto de calidade turística desenvolvido en España con máis de 9000 servizos turísticos participantes ou optar a un distintivo que acredita o nivel de calidade turística, recoñecendo o esforzo realizado a nivel nacional e internacional”.

Na pasada edición da implantación do SICTED conseguiron certificarse 49 empresas e servizos turísticos do destino, representando a un total de 18 oficios diferentes, recibindo o recoñecemento a nivel nacional como caso de éxito na implantación deste selo de calidade turística.

Para asistir a esta reunión informativa é preciso inscribirse a través do correo electrónico info@barbanzarousa.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.