Rois acolleu a 2ª xornada do Club de Debate Alingua, no que participaron estudantes das comarcas de Barbanza, Sar e Santiago

16 Xaneiro 2025

O Edificio Multiúsos de Rois acolleu este martes 14 de xaneiro a segunda xornada de formación do #ClubdeDebateAlingua, unha iniciativa que busca fomentar o pensamento crítico e a expresión oral entre a mocidade galega.

Nesta sesión participaron estudantes dos concellos de Dodro, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela e Teo. Organizados en grupos como XelmiDebate, Orfas Parrots, Galácticos, O clan dos estoicos, A tropa dos epicúreos, a mocidade realizou os seus primeiros ensaios diante do micrófono. “Este traballo evidencia o alto nivel de preparación e compromiso dos participantes, augurando un gran éxito para o programa”, explicaron dende o Concello de Rois, engadindo que a xornada contou coa presenza do alcalde, Ramón Tojo, e da concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, quen expresaron o seu apoio aos mozos e mozas desta iniciativa. En particular, destacaron o labor do grupo de Rois, composto por Mateo, Flavia, Sebastián, Noé, Mauro, Ileana Alba, Mariña, Samuel, Breixo e Paula. Ambos felicitaron aos participantes polo seu esforzo e agradecéronlle á profesora e preparadora Milagres Romero Susavila o seu traballo incansable e dedicación profesional.

O Club de debate está coordinado desde os servizos de normalización lingüística dos concellos que participan no programa Alingua co obxectivo de promover o uso e defensa da lingua galega entre a mocidade. Este proxecto destaca como unha ferramenta clave para a integridade cultural e a cohesión social, reforzando o compromiso do concello co desenvolvemento educativo e cultural da comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.