Concello e ABE darán a coñecer o programa Boiro Emprega entre o empresariado

10 Marzo 2020

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) organiza para o 24 de marzo unha xornada-almorzo para a presentar ao empresariado da comarca o Programa Integrado de Emprego, Boiro Emprega 2019-2020, que vén de poñer en marcha o Concello. A intención deste almorzo, que se celebrará na sede da ABE en horario de 09.00 a 10.30 horas, é dar a coñecer aos empresarios asistentes como se poden beneficiar dos Programas Integrados de Emprego. Neste senso, o prospector laboral do PIE, Salvador Pariente, explicará as opcións que teñen os negocios á hora de colaborar e formar parte deste programa en concreto; mentres que a orientadora laboral, Cristina Cabo, falará da selección de persoal e realizará unha análise de beneficios fiscais por contratación.

Na xornada intervirá tamén o alcalde José Ramón Romero, quen expoñerá os beneficios para o empresariado que ten o centro de formación e viveiro de empresas situado no polígono industrial de Espiñeira, as actividades que alí se desenvolven e cales son os proxectos nos que se está a traballar e que van ter unha incidencia directa no tecido empresarial da comarca. Unha vez conclúa o coloquio, servirase un almorzo entre os poñentes e os empresarios. As inscricións son gratuítas e poden formalizarse a través do teléfono de contacto 981847888 ou do enderezo electrónico info@abe.gal.

O Programa Integrado de Emprego, Boiro Emprega 2019-2020, está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego, en Boiro participan neste programa un total de 100 persoas que asisten a actividades formativas para desenvolver as súas competencias prelaborais, mellorar e incrementar as competencias profesionais e para familiarizarse con ferramentas de procura de emprego.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.