Pedro Blanco e Manolo González debullan os investimentos do Goberno en Outes, que veñen con máis de 1 millóns de euros

14 Xaneiro 2025

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, reuniuse este martes 14 de xaneiro na sede da Delegación co alcalde de Outes, Manolo González, co obxectivo de analizar conxuntamente os investimentos do Goberno mobilizados para impulsar a transformación ecolóxica e dixital do concello. Cunha contía de máis de 1 millón de euros estes investimentos teñen o obxectivo, sinalaron, de mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños con medidas sustentábeis e dixitais.

Pedro Branco destacou a importancia que teñen para a cidadanía melloras como as que o Goberno leva a cabo na contorna do río Tins e que financia con fondos do Plan de Recuperación. “Con este traballo, o Goberno logra devolver á veciñanza de Outes o seu río, tan identificado coa vila”, subliñou o delegado. No proxecto, denominado Renatur-Outes e impulsado pola Fundación Biodiversidade, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, tamén tomaron parte o tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal. Segundo lembraron, o obxectivo fundamental deste proxecto é a recuperación do bosque de ribeira, o control das especies invasoras, a limpeza dos residuos na contorna fluvial e a sensibilización ambiental da cidadanía mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas. “Deste xeito preténdese fomentar a participación pública e seguir profundando na singular relación histórica e cultural que ten Outes co seu río”, explicaron.

En paralelo a estes labores, o Goberno acomete tamén a mellora da conexión da praza do Concello co paseo fluvial do Tins, financiada tamén cos fondos do Plan de Recuperación no marco do proxecto de sustentabilidade turística do Xeodestino da Ría de Muros e Noia, que executa o Ministerio de Industria e Turismo. Este plan, dotado con dous millóns de euros, engloba tamén o reforzo da senda litoral da ría de Muros e Noia, apostando pola apertura de novos tramos para persoas e bicicletas, zonas de aparcadoiro para estes vehículos e tamén para autocaravanas e a ordenación de uso en espazos naturais protexidos, como é o caso do río Tins.

Na reunión de traballo, Pedro Branco e Manuel González tamén avaliaron outras posibles actuacións do Goberno en Outes, tales como melloras en materia de vivenda ou máis achegas á posta en valor da contorna natural da localidade e do seu medio ambiente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.