A sede de Conservas Sotavento (Outes) recibe a visita a conselleiro do Mar

09 Xaneiro 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este xoves 9 de xaneiro ás instalacións de Conservas Sotavento, situadas no concello de Outes, onde salientou “o bo facer, experiencia e profesionalidade do conxunto da cadea mar-industria galega” e, tamén “a contribución das empresas transformadoras á imaxe de calidade e sostibilidade dos produtos pesqueiros galegos”.  

O responsábel autonómico, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Coruña, Belén do Campo, pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, e polo alcalde Manolo González, puido coñecer da man dos responsábeis da firma o proceso manual e tradicional co que elaboran as súas conservas con produto de proximidade como o polbo, o mexillón, as navallas ou as algas que son comercializadas por toda España.

O titular de Mar resaltou a importancia de poñer en valor o produto procedente das rías galegas, que, segundo dixo, “é sinónimo de excelencia. Tamén salientou “o papel que xogan nesa tarefa o impulso de marcas de calidade como Pulpo de lonja, comercializada a través de Lonxa na Rede e impulsada polo Grupo de Acción Local do sector pesqueiro 4, con produto procedente das confrarías de Fisterra, Corcubión, Lira, Muros, O Pindo e Porto do Son”.

Na visita tamén participaron algúns dos rexedores destes concellos, como por exemplo Luis Oujo, alcalde sonense.

Lembrar que Conservas Sotavento puxo en marcha co apoio da Consellería do Mar, unha nova liña de transformación e comercialización da sardiña procedente da frota pesqueira galega coa finalidade de elaborar conservas e semiconservas, introducindo novas tecnoloxías que aporten valor engadido. O obxectivo é ofrecer un formato adaptado ás demandas dos consumidores, apostando por un produto de calidade, de proximidade e altamente nutritivo así como sostíbel e, a vez, desestacionalizar o consumo desta especie. Nunha primeira fase foron fabricadas 1.500 latas co obxectivo de elevar a produción ata as 50 mil-100 mil unidades, coa súa introdución no mercado estadounidense no horizonte. 

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.