Boiro acolleu dúas actividades divulgativas e formativas con motivo do Día Internacional da Muller

09 Marzo 2020

Continuando coa programación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM), realizou esta mañá actividades de divulgación e formación en centros educativos. As xornadas centráronse en dous ámbitos distintos: a información sobre o CIM e a experiencia da muller no ámbito laboral.

A primeira das citas consistiu nunha charla sobre o CIM de Boiro da man da súa directora, María Ortega, ao alumnado do IES Espiñeira. Deste xeito, explicóuselles a razón e funcionamento do referido servizo co obxectivo de dar a coñecer a súa existencia e a asistencia que presta, tanto psicolóxica coma xudicial. Para concluír, os estudantes de primeiro de Bacharelato procederon cunha pequena escenificación sobre os diferentes tipos de violencia machista.

A segunda das actividades realizouse no centro de formación e viveiro de empresas, tratándose dunha mesa-coloquio sobre as mulleres e a vida laboral, na que participaron a odontóloga e empresaria Rebeca Ozores e a traballadora e sindicalista Xefa Silva. Ambas expuxeron a súa experiencia como mulleres nos distintos sectores nos que traballan, dando a súa visión sobre a igualdade de oportunidades entre xéneros, a brecha salarial ou os roles das profesións.

O tenente de alcalde, José Luís Ruiz, acudiu aos distintos actos, aproveitando a ocasión para transmitirlle ao alumnado asistente a importancia da realización de actividades de divulgación deste tipo para seguir o camiño cara a igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...