A mala previsión meteorolóxica prevista para este domingo 5 está obrigando aos nosos Concellos, en colaboración coas Súas Maxestades de Oriente, a facer cambios nas actividades de recepción previstas, co fin de garantir as mellores condicións para gozar do encontro cos Reis Magos. No caso de Noia, todo indica que a choiva fará acto de presenza en toda a xornada do domingo, polo que dende o Goberno local tomou a decisión de organizar a festa e a recepción de Baltarsar, Melchor e Gaspar no Pavillón Alonso Rodríguez. Será a partir das 17.30 horas deste domingo 5 de xaneiro.



