Soben as peaxes da AP-9: viaxar entre Vigo e A Coruña custa xa máis de 20 euros

01 Xaneiro 2025

O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico incremétanse de media un 5,34 %

O incremento das peaxes da AP-9 para o ano 2025 duplica o do IPC de decembro, que pechou 2024 nun 2,8 %. O Ministerio de Transportes destaca que as bonificacións aumentan para os usuarios frecuentes e os transportistas.O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico subirá de media un 5,34 %. Pero a suba non é uniforme. Cada treito ten un custe por quilómetro diferente e unha suba diferente.

O treito entre Ferrol e A Coruña pasa a custar 5,90 euros; ir da Coruña a Santiago custa 8,40; de Santiago a Pontevedra, 7,20; e de Pontevedra a Vigo 4,85. Facer o traxecto completo desde Ferrol a Tui custará 26,85 euros desde este primeiro de xaneiro, e facelo desde A Coruña a Vigo 20,45 euros, tras subir algo máis dun euro. 

As bonificacións para transportistas e condutores frecuentes tamén se aplicarán na AP-53, onde as tarifas subirán un 3,89 % a partir deste mércores.

Segundo o Ministerio de Transportes, o incremento autorizado responde, fundamentalmente, ao crecemento do índice de prezos ao consumo, tal como contempla a Lei, e ás medidas extraordinarias e temporais aprobadas a finais de 2022 para limitar a alza das peaxes ao 4 % en 2023.

A finais de 2022, habilitouse unha subvención para mitigar os efectos da alta inflación, xa que se debería aplicar unha subida de entre o 8,4 % e o 9,5 %, e estableceuse a obrigación de eliminar a devandita subvención a finais de 2026, é dicir, de ila repercutindo ao usuario de formagraduada no prazo de tres anos.

Hai que ter en conta que a subida de tarifas é acumulativa, de aí a necesidade de repercutir novamente ao usuario a diferenza que non abonou en 2023, aínda que aos poucos. De non continuar en 2025 coas subvencións xa previstas, a alza das peaxes oscilaría entre o 5,98 % e o 7,72 %.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.