Accidente de tráfico cunha persoa falecida en Carnota

27 Decembro 2024

Un veciño de Lira, de 68 anos, faleceu esta tarde e a súa neta, de 15 anos, resultou ferida de gravidade ao chocar o vehículo no que viaxaban contra outro coche que circulaba pola AC-550, á altura do quilómetro 28, ao seu paso por Lira.

Os bombeiros do parque provincial de Cee foron alertados durante esta tarde dun accidente de tráfico ocurrido no Km. 28 da AC-550 en Lira, pertencente ao Concello de Carnota. Na incidencia víronse involucrados dous turismos, resultando falecida a persoa ocupante dun deles e as persoas restantes sendo trasladadas para recibir atención sanitaria. O operativo consistíu, de forma coordinada co resto de corpos desprazados, na asistencia e liberación das persoas involucradas e na regulación do tráfico.

Os servizos de emerxencias tiveron que excarcerar a un dos implicados e o corpo do falecido, quen conducía un dos vehículos. Os dous feridos foron evacuados ao centro hospitalario de referencia, un en helicóptero medicalizado e outro a bordo dunha ambulancia.

Pasadas as 17 horas, un particular informou ao 112 Galicia deste accidente, rexistrado no quilómetro 28 da AC-550, en Lira. O propio alertador sinalou a gravidade da situación e que había persoas incapaces de saír dun dos vehículos.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee, do GES de Muros, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Carnota, así como dos servizos de mantemento da estrada.

Nese momento, os profesionais de Urxencias Sanitarias confirmaron que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como unha ambulancia.

Os equipos de emerxencias tiveron que excarcerar a dúas persoas, que viaxaban no mesmo coche: o condutor, cuxo falecemento foi confirmado polos servizos sanitarios, e a copiloto, trasladada en helicóptero ao centro hospitalario de referencia.

Ao mesmo tempo, o condutor do outro vehículo foi evacuado en ambulancia.

Atropelo en Entrimo
Unha muller tivo que ser trasladada ao hospital logo de ser atropelada por un furgón na Feira Vella, pertencente á parroquia de Galez.

Pasaban escasos minutos das 16:45 cando un particular informou ao 112 Galicia dos feitos, e explicou que a situación parecía grave.

A muller foi finalmente atendida a bordo dunha ambulancia e trasladada ao hospital de referencia.

No operativo participaron, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Lobios e a Garda Civil de Tráfico.


Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.