Más de 150 comercios locais súmanse á Campaña de Nadal de Agadea Alzheimer

23 Decembro 2024

A entidade repartiu elementos decorativos realizados polas persoas usuarias dos talleres de laborterapia que desenvolve a entidade en concellos das
provincias da Coruña e Pontevedra, entre os que se atopan en Ribeira, Boiro, Aguiño, Rianxo, Santiago, Teo, Trazo, Vedra, Cuntis e a A Estrada,
 Esta campaña serve para fomentar a conciencia sobre o Alzheimer e outras enfermidades neurodegenerativas, ademais de para fortalecer os lazos das persoas maiores coa comunidade.


A asociación Agadea Alzheimer está a levar a cabo unha iniciativa solidaria estas semanas ao repartir entre centos de comercios locais da
comunidade, elementos decorativos feitos a man polas persoas usuarias da entidade nos seus talleres de laborterapia. 
Un dos aspectos máis destacables desta campaña é que os agasallos son entregados in situ en cada un dos comercios participantes, reforzando o vínculo das persoas coa súa comunidade e contribuíndo á súa socialización.
Para darlle aínda máis alcance a esta iniciativa, paralelamente, está a levarse a cabo unha campaña de difusión nas redes sociais da iniciativa, co obxectivo de fomentar o apoio ao pequeno comercio e sensibilizar á poboación sobre a realidade do Alzheimer e outras enfermidades neurodegenerativas.
A entidade destacou, de forma especial a importancia de “fortalecer os lazos das persoas maiores coa comunidade en a que viven” ademais de dar “maior visibilidade para os comercios locais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.