O Concello de Padrón convoca a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro

18 Decembro 2024

O Concello de Padrón, en colaboración coa Casa de Rosalía, convocou a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro, cuxo obxectivo é promover a poesía en lingua galega e render homenaxe á escritora máis universal das nosas letras. A participación está aberta a persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en galego, non premiadas noutros concursos.

O tema e a forma poética son libres, mais os traballos deben contar cunha extensión mínima de 400 versos e presentarse en papel, con letra Arial tamaño 12, por quintuplicado e baixo o sistema de plica.

O prazo para o envío das obras comeza o 3 de xaneiro e remata o 17 de marzo de 2025. Deberán remitirse ao Concello de Padrón, Rúa Longa nº 27, 15900 Padrón (A Coruña), indicando no sobre “XI Premio de Poesía Rosalía de Castro”.

O xurado, composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega e presidido polo alcalde de Padrón, dará a coñecer a obra gañadora antes do 17 de maio de 2025. O premio será entregado nun acto público que se celebrará en datas próximas ao Día das Letras Galegas.

A obra gañadora recibirá un premio único de 1.500 euros, un diploma acreditativo e será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

As bases completas do certame poden consultarse na páxina web do Concello ou solicitando información no correo electrónico cultura@padron.gal ou no teléfono 981 811 329.

Na pasada edición, o gañador foi o pintor e poeta vilagarcián Xurxo Alonso García coa obra presentada baixo o lema Acta de sospeita.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.