O Programa Integrado de Emprego 2023-2024 que levaron a cabo de forma conxunta Rianxo, Boiro e A Pobra chegou ao seu remate cun total do 68% das persoas participantes cun contrato de traballo grazas á súa participación deste programa.
O Programa Integrado de Emprego 2023-2024 foi subvencionado pola Consellería e Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.
O desenvolvemento deste programa permitiu mellorar o nivel de empregabilidade de 100 mulleres da comarca do Barbanza a través do traballo realizado en actividades formativas, orientacións laborais individualizadas, prácticas en empresas e prospección laboral. No balance fíxose saber que un total de 68 das mulleres participantes acadaron un contrato de traballo gracias á súa participación deste programa.
A capacitación incluíu módulos formativos de Envasado, acondicionamento e embalaxe de produtos alimentarios; Elaboración de pezas cárnicas; Sistemas e procesos loxísticos; Mercadotecnia (marketing) en liña; Cociña; Atención ao cliente; Restauración; ou Preparación de produtos do mar.
A día de hoxe xa omezou xa unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2024/2025. Nesta ocasión o Programa é mixto e está destinado a 100 mulleres e homes desempregados da comarca.




