A terceira edición do concurso de tapas de Outes premia unha nova proposta gastonómica de Pepe do Coxo

15 Decembro 2024

A pasada semana o Concello de Outes desvelou o nome do establecemento finalmente gañador do da 3ª edición do concurso local enOutes de Tapas!, cuxa nova edición desenvolveuse entre o 22 de novembro e o 1 de decembro. Segundo confirmou o Goberno local, o concurso condecorou a tapa do Restaurante Pepe do Coxo, que obtivo a maior puntuación tanto por parte do público como do xurado profesional. Ademais, sorteouse unha cea para 2 persoas entre os participantes, resultando gañadora Sonia García Gosende.

A través deste certame, veciñanza e visitantes puideron degustar e valorar as racións en formato pequeno deseñadas pola hostalaría local especificamente, para este evento. Nesta edición participaron 8 establecementos e a cidadanía valorou as tapas que probou a través dun “pasaporte” no que se cuñaron as visitas aos diferentes locais que foron realizando.

Este ano participaron Asador Albatros, A de Vila, Pepe do Coxo, O Taboleiro, John Turkey, Centro Social, Areal e Restaurante Fera.

Lembrar que na II edición do #enOutesdeTapas, certame local impulsado co obxectivo de reivindicar a gastronomía do municipio e visualizar e dinamizar o bo facer do sector hostaleiro, a tapa mellor valorada e que recibiu o premio conxunto dos membros do xurado e dos participantes foi tamén para o Restaurante Pepe do Coxo, do Freixo, grazas ao seu Polbo crocante (Pulpo crujiente).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.