A Concellería de Mar de Ribeira e Portos traballan nun acordo para permitir que o colectivo redeiro traballe na lonxe vella

12 Decembro 2024

A Concellería do Mar de Ribeira que dirixe Fernando Abraldes quere optimizar o servizo dos portos do concello de Ribeira, poñendo o foco na mellora das condicións e a comodidade das e dos traballadores. Por esta razón, dende o Goberno impulsouse un paquete de medidas debatidas no pasado pleno do 30 de setembro e aprobadas por unanimidade, presentadas polo concelleiro Fernando Abraldes, para, entre outras cousas, acometer con urxencia mantementos básicos ou permitir que o colectivo de redeiros/as poida desenvolver o seu labor nas instalacións da lonxa vella.

O pasado 22 de novembro, Fernando Abraldes no contexto dunha reunión rutineira con Culturmar para a organización XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia aproveitou para ter unha xuntanza con membros de Portos de Galicia e expoñerlles esta demanda da dispoñibilidade da lonxa antiga de Ribeira para o traslado dos redeiros e redeiras co fin de que traballen en boas condicións ao abrigo da intemperie. O edil manifestou que o espazo no que están traballando na actualidade (unha ampla explanada ao aire libre no interior do porto, a carón das casetas de almacenamento) habilitaríase para o estacionamento da xente do mar e así facilitar traballos na loxística para o mantemento das embarcacións máis o aumento nos tempos de traballo.

Ámbalas partes (Concello e Portos) están a traballar conxuntamente para chegar a un acordo que poña de manifesto unha optimización das instalacións portuarias para a mellora dos traballadores e traballadoras do mar.

Abraldes tamén achegou un escrito a Portos de Galicia remitido polo presidente da Asociación dos Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, no que se manifesta a preocupación dos comerciantes da zona pola falta de prazas de estacionamento que recude o propio dinamismo comercial da zona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.