O Concello do Son repartirá 300 euros en premios no seu Concurso de Nadal de decoración e iluminación de vivendas

11 Decembro 2024

O Concello de Porto do Son organizou por terceiro ano consecutivo un certame que recoñece a creatividade da veciñanza en materia de decoración de Nadal. O Concurso de Nadal de Porto do Son, que premiará as vivendas mellor adobiadas e con máis destacada iluminación, repartirá 300 euros en lotes de produtos relacionados con estas festas sinaladas: un lote de 150 euros para o primeiro premio, un lote de 100 euros para o segundo e un lote de 50 euros para o terceiro.

As inscricións para participar están abertas até o mediodía do vindeiro, achegando un pequeno vídeo á conta de correo electrónico portodosoncultura@gmail.com e engadindo un documento cos datos persoais de cada participante ao devandito enderezo ou presencialmente na Casa da Cultura de Porto do Son, ou tamén na sede electrónica municipal. O fallo do xurado farase público o 17 de decembro na páxina web do Concello de Porto do Son e nas redes sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.