A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, presentou ao Consello da Xunta o plan para substituír e reforzar os pavimentos esgotados en preto dunha trintena dos 122 portos autonómicos. A Xunta investirá así 1,6 millóns de euros e as obras terán un prazo de execución de 9 meses. Entre todos eles, Ribeira foi o que recibirá maior inversión, con 180.000 €.
No plan executaranse obras que inclúen a dotación de novas capas de firmes de reforzo, a reposición naquelas zonas en que o pavimento estea esgotado e a reposición de firmes de formigón armado, ademais de labores de saneamento de explanadas. Como complemento, atenderase tamén a deixar a cota os pozos, arquetas e sumidoiros existentes e pintarase nova sinalización horizontal. Deste xeito, Portos de Galicia prevé mellorar a
seguridade viaria de condutores e peóns que transitan pola zona.




